O Concello do Incio levou a cabo en 2025 a actuación “Mellora de acceso a aldea modelo de Trascastro”

O Concello do Incio levou a cabo en 2025 a actuación “Mellora de acceso a aldea modelo de Trascastro”.

Esta actuación, consistente na adecuación dun camiño municipal en Trascastro e que da continuidade a outras actuacións recentes na Aldea Modelo, contou cunha axuda do AGADER por importe de 69.246,05 € ao abeiro da “Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común 2023-2027 en Galicia, e se anuncia a convocatoria para o ano 2024, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D).

acceso trascastro

AS ALDEAS MODELO
Unha aldea modelo é un tipo de instrumento de recuperación da terra agraria que ten como obxectivo poñer en produción, de xeito sustentable, as terras abandonadas de alta capacidade produtiva que rodean os núcleos de poboación, contribuíndo así á creación de actividade agrogandeira e á redución do risco de incendios.

Condicións:
As terras perimetrais da aldea deben estar na súa maioría nun estado de grave abandono, ao tempo que deben ter unha boa capacidade produtiva.

É necesario o acordo das persoas propietarias dun mínimo do 70% da superficie.

As persoas propietarias dos terreos comprométense a incorporalos ao Banco de terras por un período mínimo de 10 anos.

Características:
É un instrumento totalmente voluntario; se o propietario non quere participar, as súas terras quedan excluídas.

Non se reestruturan as parcelas, é dicir, non se tocan os marcos.

As parcelas son arrendadas ás persoas propietarias a través do Banco de terras, polo que estes conservan a súa titularidade.

Préstase especial atención ao mantemento, conservación e recuperación das infraestruturas agrarias (valados e rede de camiños interiores).

É unha actuación respectuosa e sostible, ligada fundamentalmente a producións tradicionais e preferiblemente ecolóxicas.

Formarán parte dunha Rede de Aldeas Modelo para xerar sinerxías e compartir coñecementos.

Fundamento legal:
Artigos 79 e seguintes da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Artigos 47.bis e 47.ter da Lei 6/2011 de mobilidade de terras.

Aldea modelo de Trascastro:
Declarada aldea modelo o 12/11/2019, primeira aldea modelo da provincia de Lugo.

14,00 hectáreas de superficie.

136 parcelas.

82 propietarios catastrais.

Gandería en extensivo de vacún, de raza autóctona cachena.

O Concello do Incio contará cunha nova área recreativa no Muíño do Sancho

trascastro (7)O Concello do Incio contará cunha nova área recreativa no Muíño do Sancho, en Trascastro, á beira do río Antigua. Os traballos de
acondicionamento da zona lévaos a cabo o alumnado do obradoiro de emprego A Pobra do Brollón, O Incio e Bóveda.

A actuación vaise desenvolver en dúas fases. Na primeira delas, o alumnado está a actuar na marxe dereita do río Cabe, onde se procedeu a limpar, retirar e queimar a broza acumulada. Tamén se plantaron varias árbores autóctonas e fixeron un macizo de arandos e unha rocalla de plantas aromáticas.

A intervención complétase coa colocación varias mesas para habilitar unha pequena área recreativa e de descanso.

A segunda fase, que comezarán nas vinderias semanas, comprende o remprazo dunha antiga ponte que atravesa o río, que vai ser substituída por unha pasarela de madeira.

Prevese que todos os traballos estean rematados no verán para poder desfrutar desta nova zona de ocio.

O Concello do Incio contará cun novo proxecto turístico cofinanciado con axudas que priman as aldeas modelo

Casa-do-Corral-64Xoves, 13 de xuño de 2024.- O Concello do Incio contará o vindeiro mes de xullo cun novo proxecto turístico que foi financiado coas subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Estas axudas primaban os proxectos que se desenvolvan no perímetro que conforma a zona de actuación integral dunha aldea modelo, segundo figure na correspondente declaración, tanto para o caso de investimentos destinados á mellora, ampliación e/ou modernización de empresas existentes, como para o caso da posta en marcha de novas actividades empresariais non agrícolas.

Trascastro, primeira aldea modelo da provincia
Trascastro foi a primeira aldea modelo da provincia de Lugo, unha declaración que obtivo por parte da Xunta de Galicia no ano 2019.

Agora, unha emprendedora nacida na aldea, Paloma Gallardo, decidiu solicitar as axudas que ofrece o Goberno galego para poñer en marcha dous apartamentos turísticos rurais na casa familiar que os seus antepasados mercaron tras volver da emigración en Cuba.
O proxecto, que leva por nome ‘Casa do Corral’ oferta dous apartamentos nunha vivenda familiar completamente rehabilitada e renovada pensada para aqueles viaxeiros “amantes da natureza e dos animais”.

Os apartamentos ocupan parte da casa da que toman o seu nome. Na outra, viven Paloma e o seu marido, tras recuperar o inmoble no que naceu e no que pasou a súa infancia e que, posteriormente, estivo algúns anos abandonado.

Unha escapada nunha contorna incomparable
Paloma explica que os turistas se van poder aloxar nunha construción feita en mampostería de lousa que data de 1835 emprazada nun paraxe de gran beleza natural no val do río Cabe. “Van poder desfrutar duns días de relaxación rodeados de enormes prados e gran arboredo no corazón do Incio”, precisa.

Ademais de ofrecer todas as comodidades, como habitacións completamente equipadas, salón-comedor, cociña completa, cheminea, wifi, televisión, aparcamento e recarga de coches eléctricos, no aloxamento tamén se aceptan mascotas.

Un dos apartamentos leva por nome ‘As Tullas’ e ofrece aloxamento para 4 persoas de máximo. No outro, ‘O Corredor’ collen tres persoas de máximo.

As reservas poden facerse xa a través da páxina web www.casadocorral.com.

Desde o Concello do Incio saúdan esta nova iniciativa e agradécenlle á súa promotora a súa posta en marcha como un novo espazo co que aumentar a oferta turística da zona e seguir atraendo visitantes á localidade.

O Concello do Incio leva a cabo a actuación “Mellora de acceso a aldea modelo de Trascastro”

Modelo placa informativa Acceso a Trascastro_page-0001Esta actuación, consistente na adecuación dun camiño municipal en Trascastro que da acceso a este núcleo dende os muíños de Sancho e de Vila, cun investimento total de 44.955,84 €, conta cunha axuda por importe de 35.302,35 € recibida do AGADER ao abeiro da “Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo e ámbitos territoriais vinculados aos instrumentos de recuperación da terra agraria, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2023, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR711D).

«Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural».