O Concello do Incio colabora coa cuarta edición do Festival Tremeterra, que comeza hoxe en Vilasouto

tremeterra 2025O Incio volverá vibrar coa cuarta edición do Tremeterra, Encontro Soundsystem da Terra Brava, que se celebra hoxe e mañá na contorna de Vilasouto e co que colabora o Concello do Incio. O alcalde do Incio, Héctor Corujo, acompañou esta mañá á organización, que se ocupa dos últimos preparativos antes do comezo do festival.

A programación combina obradoiros, debates e música ao vivo cunha ampla representación de artistas e colectivos da escena internacional do reggae e do dub.

O venres 29 de agosto abrirán a xornada Pirata Sound Sensistema (16:30-18:00), Bakin Black (18:00-19:30) e Morgana xunto a Nina Girassois (19:30-21:00). Pola noite será a quenda de 10.000 Lions (21:00-23:00), Black Beanie Dub (23:00-01:00), Ishan Sound con Rider Shafique (01:00-02:30) e Dub Mono HiFi, que pechará a sesión de madrugada (02:30-04:30).

O sábado 30 de agosto a programación arrincará con Media Lúa Soundsystem (15:30-17:00), seguido de Ital Roots con Long Fingah (17:00-18:30), Roll&Record con Alpha Pup (18:30-20:00) e Ashanti Selah (20:00-21:30). Xa na noite subirán ao escenario Lion’s Den Soundsystem (21:30-23:30), High Nebra acompañado de Indra Mc, Piya Zawa e Tom Spirals (23:30-01:30), Dubbing Sun (01:30-03:00), Violinbwoy (03:00-04:30) e, para rematar, novamente Lion’s Den Soundsystem (04:30-06:30).

O festival preséntase como un espazo de convivencia arredor da música, a cultura e a memoria comunitaria, consolidándose como unha cita de referencia a nivel galego.