O Concello do Incio instala puntos de recarga para vehículos eléctricos e híbridos enchufables con axudas do Plan Moves III

CARTEL MOVES III (v3)_page-0001O Concello do Inico levou a cabo a instalación e posta en marcha dun punto de recarga de vehículos eléctricos e híbridos enchufables con cargo ás liñas de axudas do Plan Moves III, situado nas inmediacións da área de servizo de autocaravanas e a propia Casa do Concello da Cruz do Incio.

Esta actuación foi financiada con cargo ás axudas correspondentes ao programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) dacordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 266/2021, do 13 de abril, polo que se aproba a concesión directa de axudas para a execución de programas de incentivos ligados á mobilidade eléctrica (MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, publicado no BOE núm. 89, do 14 de abril de 2021, dentro da modalidade de Implantación de infraestruturas de recarga de vehículos eléctricos.