O Concello do Incio executa obras de mellora no seu viario municipal con cargo a remanentes do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2024

LOGO-PLAN-DEPUTACION-LUGO-2024O Concello do Incio executa obras de mellora no seu viario municipal con cargo a remanentes do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2024.

Esta actuación, adxudicada a Fevisa Vías y Obras S.L., consiste no “Acondicionamento e mellora dun camiño municipal no lugar de Veiga (Sta. María do Mao)” e alcanza un total de 14.331.85 €, incluídos honorarios técnicos. Lévase a cabo a limpeza de cunetas, a mellora do firme e a extensión dun dobre rego asfáltico.

Con esta obra complétanse os traballos de mellora de accesos no lugar de Veiga de Abaixo, en Santa María do Mao, no que recentemente se levou tamén a cabo outra actuación de mellora noutro camiño municipal dentro do proxecto “Acondicionamento de camiños municipais situados nos lugares de Veiga e A Cruz do Incio”, proxecto financiado parcialmente pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e que sumou un total de 50.000,00 € para a mellora de accesos en dous puntos do concello.