O Concello do Incio, con cargo ao Plan Único de Cooperación cos Concellos 2021, levou a cabo diferentes investimentos durante os anos 2021 e 2022, xa rematados ou nas últimas fases da súa execución.
As actuacións, cun orzamento conxunto de 222.713,84 €, consistiron na súa maioría no acondicionamento e mellora de diferentes viais municipais, mellorando os accesos a diferentes núcleos de poboación. Tamén se investiu na mellora do sistema de abastecemento de auga potable municipal e en equipos informáticos para as oficinas municipais.
A relación detallada de investimentos é:
– Subministración de 3 ordenadores portátiles.
– Obras de mellora das instalacións de abastecemento de auga potable.
– Pavimentación de accesos nos núcleos de Saa e Pacios.
– Pavimentación de accesos nos núcleos de Goo, Martín, Calvos e Vilasouto.
– Acondicionamento de camiño en Vila de Cais.
– Pavimentación de acceso no núcleo de Covelas.