O Concello do Incio levou a cabo diversas actividades durante o curso escolar 2024-25 dentro do Programa de conciliación do Concello do Incio, para o que contou con 30.380,23 € de financiamento procedente da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade dentro do “Plan Corresponsables”

igualdad_page-0001As actuacións consistiron en diversos servizos de coidados profesionais en dependencias públicas que facilitaron a conciliación familiar e laboral de unhas 30 familias e uns 50 nenos e nenas con atención antes e despois da xornada lectiva, así como durante as matinais do Nadal e dos meses de verán.

Deste xeito, estivo en funcionamento durante os meses lectivos o servizo de madrugadores durante dúas horas diarias antes da xornada escolar, coidados despois da xornada lectiva con especialización en diferentes materias (inglés, patinaxe…), un campamento nas semanas de Nadal e un campamento de verán durante as mañás dos meses de xullo e agosto.

O Programa de conciliación do Concello do Incio terá continuidade no vindeiro curso escolar 2025-26.

Nenos e nenas do Incio e do Courel lanzan un vídeo musical co que concienciar sobre a violencia de xénero e a igualdade desde o rural

Martes, 23 de novembro de 2021.- Nenos e nenas do Incio e do Courel lanzan hoxe un vídeo musical con motivo do 25N co que concienciar sobre a violencia de xénero e a igualdade desde o rural.

O Concello do Incio e o Concello de Folgoso do Courel participan conxuntamente nun proxecto financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta co que pretenden traballar na erradicación da violencia de xénero e na súa prevención desde a infancia. Ademais diso, pretenden que o traballo sirva tamén para vincular a igualdade co mundo rural e que sirva de exemplo para outros colexios e colectivos.

Da mesma raíz en Vilasouto

O videoclip será presentado hoxe nos dous colexios e está a ser difundido a través das redes sociais para alcanzar a maior repercusión posible. Trátase, en palabras dos rexedores, de enxalzar o rural e amosar todo o que ofrece, non só na defensa da igualdade, senón tamén a nivel turístico, cunhas imaxes espectaculares de ambos os municipios.

Da mesma raíz’

Para iso, promoveron a gravación dun vídeo que hoxe mesmo dan a coñecer a través das redes sociais, protagonizado polos nenos e nenas do Incio e do Courel. Durante a xornada os nenos e nenas participaron en diferentes xogos e actividades que teñen que ver coa igualdade e co rural para finalmente formar parte da gravación dunha canción e a filmación dun vídeo que leva por título ‘Da mesma raíz’. O nome ten que ver co feito de que todos proceden da mesma orixe (lugar e social) e como tal deben ser tratados por igual.

A canción, inédita, foi composta polo veciño do Incio Xabier Vizcaíno e na súa gravación participaron tamén a súa irmá Lucía Pérez e o mestre Jesús Somoza.

O proxecto foi filmado entre o Incio e O Courel por Salitre audiovisuais e nel destacan tamén as paisaxes dos dous Concellos mesturando a terra coa base do proxecto; a igualdade, a diversidade e o respecto cara a todas as persoas. Trátase de “visualizar para visibilizar”, sexa o rural, a igualdade ou a diversidade, explican.

Desde ambos os Concellos convidan a ver e compartir o videoclip para que chegue ao maior número posible de xente e poida así cumprir a súa función e seguir avanzando na igualdade e na erradicación da violencia de xénero.