Festa de Entroido con cea-baile no Incio o 10 de febreiro

entroidoincioO Incio Terra Brava C.F. organiza, en colaboración co Concello do Incio, a Festa de Entroido, que terá lugar o sábado 10 de febreiro.

Ás 18:00 horas haberá desfile de comparsas. Ao remate do desfile haberá chocolate, doces de entroido e premios para os mellores disfraces. Para participar no desfile de disfraces é preciso anotarse no Concello do Incio antes do día 8.

Ás 21:30 horas será a cea-baile no Multiusos do Concello.

As entradas para a cea-baile poden recollerse na Librería Garabato a partir do luns pola tarde ata o xoves 8 de febreiro.

O Concello do Incio colabora coa Asociación Cultural As Xeitosas na organización dun baile de disfraces o sábado 26 de febreiro

Luns, 14 de febreiro de 2022.- O Concello do Incio colabora coa Asociación Cultural As Xeitosas na organización dun baile de disfraces que se vai celebrar o sábado día 26 de febreiro.

A mascarada dará comezo ás 18:00 horas na Praza de España do Concello do Incio, na Cruz do Incio. A organización informa que haberá premios para os mellores disfraces, música, chocolatada e doces típicos do Entroido, como as orellas.

As persoas, grupos ou comparsas interesadas en participar neste baile de máscaras poden chamar ao Concello do Incio en horario de oficina ao teléfono 982 42 70 14.

Entroido