O Concello do Incio realiza obras cofinanciadas pola UE para a mellora da eficiencia enerxética na Casa Consistorial

subvencion eficiencia enerxéticaO Concello do Incio levou a cabo durante o 2025 a realización de obras de mellora da eficiencia enerxética na Casa Consistorial, unha actuación cofinanciada pola Unión Europea.

Para as obras de mellora da eficiencia enerxética, que tiveron lugar no primeiro semestre de 2025, obtívose unha subvención por importe de 87.069,89 € con cargo á “Orden de 16 de enero de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras y se convocan subvenciones, de carácter plurianual y en régimen de concurrencia competitiva, para la realización de obras de eficiencia energética en edificios e infraestructuras vinculados a la prestación de servicios municipales, destinadas a ayuntamientos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas por la Unión Europea en el marco del programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedimiento PR486D)”.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Instalaciones del Valle S.L., consistiron en dúas grandes actuacións:

– A reforma da envolvente térmica mediante a execución dun trasdosado interior coa introdución dun illamento de la de roca e un revestimento composto por placas de xeso laminado, conseguindo evitar na maior medida posible as pérdidas de calor a través dos cerramentos das plantas baixa, primeira, segunda e baixo cuberta.

– Substitución da climatización existente con caldeira de gasóleo por unha moito máis eficiente en todo o seu conxunto, coa colocación de unha bomba de calor aire-aire (aerotermia).

Con esta actuación, contribúese a reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro, afrontando os efectos do cambio climático, mellorando á súa vez a confortabilidade e climatización deste edificio municipal.

O Concello do Incio é un dos 38 que forman parte do Proxecto Ilumin@ cofinanciado nun 80% por fondos FEDER e nun 20% pola Deputación de Lugo

logos

PROXECTO ILUMIN@: Actuación cofinanciada nun 80% polo Programa de Subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, asumindo o restante 20% a Deputación de Lugo con fondos propios.

DESCRICIÓN DO PROXECTO ILUMIN@:
Con data 16 de xullo de 2019 o IDAE notifica á Deputación de Lugo a RESOLUCIÓN FAVORABLE en virtude da cal o Proxecto ILUMIN@ obtivo a axuda solicitada na convocatoria regulada polo Real Decreto 616/2017*, do 16 de xuño, pola que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. Dita convocatoria foi publicada no BOE do 17 de xuño de 2017. No Proxecto ILUMIN@ participan 38 concellos da Provincia de Lugo.
Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, ampliando o seu orzamento e vixencia.
Real Decreto 316/2019, do 26 de abril, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
Real Decreto 1185/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

O proxecto ILUMIN@ está encadrado no Obxectivo Específico: OE 431-Eficiencia enerxética na edificación e nas Infraestruturas e servizos Públicos: Medida 6 Renovación das instalacións de iluminación, iluminación e sinalización exterior.
O obxectivo principal deste proxecto será a redución do gasto enerxético en, polo menos, un 30% mediante o uso de lámpadas con tecnoloxía LED, obtendo unha clasificación enerxética A ou B, segundo as bases do R.D. 626/2017.

O importe total do proxecto ILUMIN@ é de 722.590,36 €, sendo o cofinanciamento do FEDER dun 80% 578.072,26 € asumindo a Deputación de Lugo o restante 20% con fondos propios 144.518,10 €.

foto proxecto ilumina

O CONCELLO DO INCIO É UN DOS 38 CONCELLOS QUE FORMAN PARTE DESTE PROXECTO
O importe total da actuación do Concello do Incio é de 17.925,40 € sendo o cofinanciamento do FEDER dun 80% 14.340,32 € asumindo a Deputación de Lugo o restante 20% con fondos propios 3.585,08 €.

DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS NO CONCELLO DO INCIO:

cadros1

CONSECUENCIAS ENERXÉTICAS DA ACTUACIÓN:

cadro2

INDICADORES DE PRODUTIVIDADE APLICABLES INCLUÍDOS NO EIXO DE ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO DO POCS CORRESPONDENTES AO PROXECTO ILUMIN@

Indicadores Concello do Incio:

cadro3

Datos globales Proxecto Ilumin@: 

cadro4