A igrexa de San Pedro Fiz acolle o sábado a presentación do proxecto ‘Na Casa Delas’

O INCIO CARTEL NA CASA DELASO Concello do Incio colabora coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que este sábado presentan o novo proxecto ‘Na Casa Delas’ na igrexa de San Pedro Fiz de Hospital.

A iniciativa, continuidade de ‘Na Casa Deles’, ofrece un concerto do cuarteto vocal ‘Son de Corda’ con poemas musicados de Marica Campo, Luz Pozo, Olalla Cociña, María Mariño, Xela Arias e Olga Novo. Tamén se vai proxectar un vídeo coa visita á casa de cada unha das poetas.

A actuación será ás 19:00 horas con entrada de balde ata cubrir aforo.

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, agradece a colaboración da Diócese de Lugo coa celebración deste concerto.