Douvos a benvida á esta páxina institucional do Concello do Incio que pretendemos sirva como escaparate do noso patrimonio natural e cultural. Tamén como un punto de encontro entre os nosos veciños e veciñas e un taboleiro informativo de acceso aos servizos municipais e de participación cidadá.
O equipo de Goberno traballa desde o primeiro día por mellorar a calidade de vida de todos os veciños e veciñas. Un camiño que xa iniciamos e que percorremos da man.
A nosa acción céntrase ademais en poñer en valor e dar a coñecer o noso Concello, situado estratexicamente entre O Courel e a Ribeira Sacra e incrementar así o potencial turístico do noso territorio.
Empregaremos as posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías para estar máis preto, para manter un contacto continuo e para seguir construíndo, xuntos, o noso Concello.
Todas as achegas serán sempre benvidas.
Héctor Corujo
Alcalde do Incio
Contacto: alcaldia@concellooincio.gal
