O Concello do Incio executa a “Mellora do Camiño dos Mourelos” en Laiosa no marco das axudas para investimentos na Rede Natura 2000

As actuacións, cun orzamento de 19.686,39 € + IVE e unha axuda pública outorgada pola Xunta de Galicia por importe de 15.000,00€, cofinanciada nun 80% pola Unión Europea (FEADER) dentro do PEPAC 2023-2027, foron adxudicadas á empresa Ruraliza S.L.U. e consistiron fundamentalmente na limpeza e mellora da plataforma do camiño, canalización de pluviais e sinalización, adecuando e poñendo en valor este sendeiro que une os Concellos do Incio e da Pobra do Brollón na Rede Natura 2000 – Río Cabe.