O Concello do Incio contou con máis de 290.000€ do Plan Deputación 2025

LOGO-PLAN-DEPUTACION-LUGO-2024

imagen_2025-11-14_224701884O Concello do Incio contou no 2025 cun total de 290.414,76 € procedentes do Plan Deputación 2025 para a realización de diversos investimentos, actividades culturais e deportivas, promoción turística, feiras e mercados, reforzo do emprego e servizo de axuda no fogar.

Programa cultural
Con cargo a este programa, colaborouse na organización de festivais, entre os que destacan “Terra Brava”, na Cruz do Incio, e “Tremeterra fest” en Eirexalba, cunha partida conxunta de 7.000,00 euros.

Así mesmo, levaron a cabo clases de música e baile tradicional para nenos e adultos na Cruz do Incio, fomentando así a cultura tradicional galega, destinando unha partida de 9.500,00 euros.

Un ano máis, tamén se colaborou na edición, deseño e impresión da revista cultural “Os Fanagueiros” cun total de 1.500,00 €.
Por último, púxose en marcha ao longo do ano 2025 un “circuíto cultural nas parroquias”, achegando diversas actividades culturais a diferentes puntos do Concello, o que supuxo unha partida total de 10.000,00 €.

Programa deportes
Con cargo a este programa, levou a cabo a actuación “deporte nas parroquias”, mediante o cal se programaron clases de ximnasia, zoa, aerobic, ioga, pilates, etc. en diferentes lugares do Concello. Este programa tivo unha achega de 3.000,00 € con cargo ao Plan Deputación.

Programa turismo
O Concello do Incio destinou unha partida de 4.500,00 € do Plan Deputación a unha campaña de promoción turística do Concello, para así dar a coñecer a cantidade de recursos turísticos cos que conta esta terra.

Reforzo do emprego
Destínanse un total de 46.567,92 € do Plan Deputación á contratación de 3 operarios de servizos múltiples para o reforzo dos servizos básicos de limpeza viaria, rozas, obras e reparacións varias e á contratación de 1 auxiliar administrativa de reforzo en oficinas; contratacións levadas a cabo durante o ano 2025.

SAF
O servizo de axuda no fogar en modalidade de libre concorrencia contou cun financiamento de 25.000,00 € con cargo ao Plan Deputación 2025.

Feiras e mercados
Un total de 4.306,29 € procedentes do Plan Deputación 2025 foi destinado á organización da feira do cocido e porco celta que tivo lugar en marzo en Eirexalba e a feira de artesanía de Agosto na Cruz do Incio.

Investimentos
Por último, con cargo ao Plan Deputación 2025 fináncianse os seguintes investimentos, a executar durante os anos 2025 e 2026 e que alcanzan un importe total de 191.757,35 €:
– Pavimentación de accesos aos núcleos de Ferrería, Saa, Monteagudo, San Salvador, Viladecais, Pacios, Viteses e Vilar dá Vara.

O Concello do Incio executa obras de mellora no seu viario municipal con cargo a remanentes do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2024

LOGO-PLAN-DEPUTACION-LUGO-2024O Concello do Incio executa obras de mellora no seu viario municipal con cargo a remanentes do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2024.

Esta actuación, adxudicada a Fevisa Vías y Obras S.L., consiste no “Acondicionamento e mellora dun camiño municipal no lugar de Veiga (Sta. María do Mao)” e alcanza un total de 14.331.85 €, incluídos honorarios técnicos. Lévase a cabo a limpeza de cunetas, a mellora do firme e a extensión dun dobre rego asfáltico.

Con esta obra complétanse os traballos de mellora de accesos no lugar de Veiga de Abaixo, en Santa María do Mao, no que recentemente se levou tamén a cabo outra actuación de mellora noutro camiño municipal dentro do proxecto “Acondicionamento de camiños municipais situados nos lugares de Veiga e A Cruz do Incio”, proxecto financiado parcialmente pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e que sumou un total de 50.000,00 € para a mellora de accesos en dous puntos do concello.

O Concello do Incio é beneficiario de subvención para a prestación do servizo de Atención Temperá nos anos 2024 a 2026

Cartel publicidade Atención temperá_page-0001O Concello do Incio foi beneficiario da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea.

O obxectivo principal destas axudas é promover a autonomía persoal de menores de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento.

O resultado que se pretende acadar é facilitar a inclusión social e a igualdade de oportunidades de todos os nenos e nenas.