O Concello do Incio recibe unha axuda da Xunta para unha planta de xeración fotovoltaica no bombeo cofinanciada pola UE

inegaO Concello do Incio foi beneficiario dunha axuda para o proxecto “Planta de Xeración Fotovoltaica no Bombeo de O Incio” concedida polo Instituto Enerxético de Galicia para a realización de proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

Esta subvención encádrase dentro da Resolución do INEGA do 7 de marzo de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a realización de proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2024, cofinanciadas polo FEDER no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027 (DOG n.º 56 do 19/03/2024).

A axuda, que alcanza os 14.887,07 € (un 60% do orzamento), sitúase dentro da seguinte clasificación:

Obxectivo Político 2 (Unha Europa máis verde, baixa en carbono, en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable), Prioridade de Investimento P2A (Transición verde), Obxectivo Específico RSO2.2 (Fomento das enerxías renovables de conformidade coa Directiva (UE) 2018/2021, en particular os criterios de sustentabilidade que se detallan nela), Liña de Actuación 2.2.01 (Incentivos as enerxías renovables térmicas e eléctricas), Operación “Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para el año 2024”, ámbito de intervención: 048- enerxía renovable solar)

Os obxectivos desta actuación consistiron en substituír unha parte da enerxía eléctrica consumida da rede no bombeo de O Incio por enerxía de orixe renovable, obtendo como resultados unha minoración das emisións de carbono á vez que o custo da factura eléctrica se reduce.

O Concello do Incio realiza accións cofinanciadas pola UE para a prevención e defensa contra incendios forestais a través dun convenio coa Consellería de Medio Rural

incendios2025-2026A Consellería do Medio Rural e o Concello do Incio asinaron neste 2025 un convenio para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os exercicios 2025 e 2026, actuacións cofinanciadas pola Unión Europea – Feader no marco da PEPAC 2023-2027.

Coa sinatura deste convenio lévanse a cabo diferentes accións de prevención e defensa contra os incendios forestais neste termo municipal, co obxectivo de contribuír a minimizar este tipo de sinistros, tentando acadar como resultado un menor número de lumes e do seu impacto no territorio.

O Concello do Incio realiza obras cofinanciadas pola UE para a mellora da eficiencia enerxética na Casa Consistorial

subvencion eficiencia enerxéticaO Concello do Incio levou a cabo durante o 2025 a realización de obras de mellora da eficiencia enerxética na Casa Consistorial, unha actuación cofinanciada pola Unión Europea.

Para as obras de mellora da eficiencia enerxética, que tiveron lugar no primeiro semestre de 2025, obtívose unha subvención por importe de 87.069,89 € con cargo á “Orden de 16 de enero de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras y se convocan subvenciones, de carácter plurianual y en régimen de concurrencia competitiva, para la realización de obras de eficiencia energética en edificios e infraestructuras vinculados a la prestación de servicios municipales, destinadas a ayuntamientos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas por la Unión Europea en el marco del programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedimiento PR486D)”.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Instalaciones del Valle S.L., consistiron en dúas grandes actuacións:

– A reforma da envolvente térmica mediante a execución dun trasdosado interior coa introdución dun illamento de la de roca e un revestimento composto por placas de xeso laminado, conseguindo evitar na maior medida posible as pérdidas de calor a través dos cerramentos das plantas baixa, primeira, segunda e baixo cuberta.

– Substitución da climatización existente con caldeira de gasóleo por unha moito máis eficiente en todo o seu conxunto, coa colocación de unha bomba de calor aire-aire (aerotermia).

Con esta actuación, contribúese a reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro, afrontando os efectos do cambio climático, mellorando á súa vez a confortabilidade e climatización deste edificio municipal.

O Concello do Incio levou a cabo diversas actividades durante o curso escolar 2024-25 dentro do Programa de conciliación do Concello do Incio, para o que contou con 30.380,23 € de financiamento procedente da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade dentro do “Plan Corresponsables”

igualdad_page-0001As actuacións consistiron en diversos servizos de coidados profesionais en dependencias públicas que facilitaron a conciliación familiar e laboral de unhas 30 familias e uns 50 nenos e nenas con atención antes e despois da xornada lectiva, así como durante as matinais do Nadal e dos meses de verán.

Deste xeito, estivo en funcionamento durante os meses lectivos o servizo de madrugadores durante dúas horas diarias antes da xornada escolar, coidados despois da xornada lectiva con especialización en diferentes materias (inglés, patinaxe…), un campamento nas semanas de Nadal e un campamento de verán durante as mañás dos meses de xullo e agosto.

O Programa de conciliación do Concello do Incio terá continuidade no vindeiro curso escolar 2025-26.