O Concello do Incio foi beneficiario de 81.543,00 € con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2024 – 2025 do AGADER, cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural – Europa Inviste no Rural (PDR de Galicia 2014-2020).
Con cargo a este Plan de Mellora, levouse a cabo a mellora de accesos nos lugares de Piornedo e Viloira, e elaborouse un Estudo Integral da Rede Viaria Municipal, de utilidade para futuras actuacións.
