O Concello do Incio contou no 2024 cun total de 287.473,38 € procedentes do Plan Deputación 2024 para a realización de diversos investimentos, actividades culturais e deportivas, promoción turística, reforzo do emprego e servizo de axuda no fogar.
Programa cultural.
Con cargo a este programa, colaborouse na organización do festival “Terra Brava”, celebrado en agosto na Cruz do Incio, así como na organización do “Tremeterra fest” celebrado en Setembro cunha partida conxunta de 7.000,00 euros.
Así mesmo, leváronse a cabo clases de música tradicional para nenos e adultos na Cruz do Incio, fomentando así a cultura tradicional galega, destinando unha partida de 9.500,00 euros.
Un ano máis, tamén se colaborou na edición, deseño e impresión da revista cultural “Os Fanagueiros” cun total de 1.500,00 €.
Por último, púxose en marcha ao longo do ano 2024 un “circuito cultural nas parroquias”, achegando diversas actividades culturais a diferentes puntos do Concello, o que supuxo unha partida total de 10.000,00 €.
Programa deportes
Con cargo a este programa, levouse a cabo a actuación “deporte nas parroquias”, mediante a cal se programaron clases de zumba e pilates en diferentes lugares do Concello. Este programa tivo unha aportación de 5.000,00 € con cargo ao Plan Deputación.
Programa turismo
O Concello do Incio destinou unha partida de 9.000,00 € do Plan Deputación a unha campaña de promoción turística do Concello, para así dar a coñecer a cantidade de recursos turísticos cos que conta esta terra.
Reforzo do emprego
Destínanse un total de 22.477,54 € do Plan Deputación a contratación de 2 operarios de servizos múltiples para o reforzo dos servizos básicos de limpeza viaria, desbroces, obras e reparacións varias, contratacións levadas a cabo durante o 2024 e 2025.
SAF
O servizo de axuda no fogar en modalidade de libre concorrencia contou cun financiamento de 25.000,00 € con cargo ao Plan Deputación 2024.
Investimentos
Por último, con cargo ao Plan Deputación 2024 fináncianse os seguintes investimentos, a executar durante os anos 2024 e 2025:
– Pavimentación de accesos no núcleo de Reboiro (67.365,61 €).
– Pavimentación de accesos ao núcleo de Martín (26.155,25 €).
– Pavimentación de accesos aos núcleos de Bardaos e Teimoi (45.881,44 €).
– Pavimentación de accesos nos núcleos de Rubián de Cima (55.290,24 €).
– Subministración de equipos para o control con telemetría dos depósitos de auga (3.303,30 €).