O Concello do Incio leva a cabo as obras de “Acondicionamento do entorno da igrexa da Cruz do Incio, fase I” con cargo as “Subvencións a concellos e mancomunidades destinadas a actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal”

subvencionEsta actuación é subvencionada ao abeiro da Orde do 6 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos Concellos e mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea – Next Generation EU, de conformidade co Regulamento (UE) número 2021/241, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento BS701B).

As obras consisten en dotar dunha maior accesibilidade o entorno da Praza de España e da Igrexa da Cruz do Incio, conseguindo que neste espazo céntrico da capitalidade municipal convivan dun xeito máis seguro o tráfico rodado cos peóns, ao eliminar prazas de estacionamento nun tramo con dificultades de visibilidade, resultando unhas beirarrúas máis anchas e accesibles xunto cun paso de peóns e un entorno máis cómodo e seguro.

Estas actuacións, financiadas pola Unión Europea-Next GeneratiónEU, perseguen a consecución dos obxectivos definidos no Compoñente 22 «Economía de los ciudadanos y refuerzo de las políticas de igualdad e inclusión social, medida/inversión I3: Plan de mejora de la accesibilidad en los Ayuntamientos de Galicia» do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

A axuda pública total para esta actuación alcanza os 48.399,01 €.