O Incio Terra Brava C.F. organiza, en colaboración co Concello do Incio, a Festa de Entroido, que terá lugar o sábado 10 de febreiro.
Ás 18:00 horas haberá desfile de comparsas. Ao remate do desfile haberá chocolate, doces de entroido e premios para os mellores disfraces. Para participar no desfile de disfraces é preciso anotarse no Concello do Incio antes do día 8.
Ás 21:30 horas será a cea-baile no Multiusos do Concello.
As entradas para a cea-baile poden recollerse na Librería Garabato a partir do luns pola tarde ata o xoves 8 de febreiro.