Arranca o novo obradoiro dual de emprego dos concellos do Incio, A Pobra e Bóveda

obradoiroincio (2)O Concello do Incio é este ano o promotor do obradoiro dual de emprego 2023-2024 do que tamén forman parte os concellos de Bóveda e A Pobra do Brollón.

Na nova edición que vén de presentarse participan 20 alumnos e alumnas; 6 deles do Concello do Incio e 7 por cada un dos outros dous concellos. A maiores hai unha directora, tres monitores e unha administrativa.

A duración do obradoiro dual de emprego é de 12 meses, tempo durante o cal levarán a cabo as seguintes especialidades formativas:

ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDÍNS E CENTROS DE XARDINERÍA – 13 ALUMNOS
INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES – 7 ALUMNOS

A Xunta de Galicia destina a esta obradoiro unha subvención de 532.546,20 euros.

No acto de presentación, ademais do alumnado e os responsables do obradoiro, participaron os alcaldes dos tres concellos, Héctor Corujo, José Luis Maceda e José Manuel Arias.

O Concello do Incio adquire unha escavadora para a prestación de servizos municipais

Venres, 17 de novembro de 2023.- O Concello do Incio vén de adquirir unha escavadora para a prestación de servizos municipais. O alcalde do Incio, Héctor Corujo, foi o encargado de recibir a máquina, que foi entregada por Fernando José López Méndez, responsable da empresa Fevisa.

Esta actuación, que supón un investimento de 54.450 euros, conta cunha axuda de 29.000 euros da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes con cargo ao Fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a Concellos de Galicia de poboación inferior a 15.000 habitantes, dentro da súa liña 2, Subministración de maquinaria e equipamento para a prestación de servizos municipais.

Foi adquirida a Fevisa Vías y Obras S.L. e trátase dunha máquina modelo Hidromek 102S, con diferentes cazos retro e cazo dianteiro que pola súa versatilidade permite que poida ser utilizada en traballos moi diversos.

Grazas a este equipamento o Concello dota á brigada de obras e servizos dunha maquinaria coa que non contaba e que permitirá dar resposta a diferentes tipos de necesidades como reparacións de camiños, da rede de abastecementos ou saneamentos, retirada de neve, acometer pequenas obras, etc., dunha forma máis eficiente e rápida e que en definitiva mellorará os tempos de resposta ante todos tipo de incidencias e a calidade de vida dos veciños e veciñas.

O Concello do Incio pon en valor o Miradoiro do petróglifo da Pena do Chao, na Ruta do Ferro, cunha axuda de 29.998,28 euros da Axencia de Turismo de Galicia

O Concello o Incio vén de executar a actuación de posta en valor da infraestrutura turística “Miradoiro do petróglifo da Pena do Chao”, na Ruta do Ferro, obras que foron executadas pola empresa Arco Galicia 2006 S.L. e para o que se contou co financiamento íntegro de Turismo de Galicia, con cargo a liña de axudas “Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2023 (TU503D)”.Cartel para publicidade_page-0001