O Concello do Incio contou na anualidade 2023 cun total de 38.500,00 € procedentes do Plan Único 2023 para a realización de diversas actividades culturais, actividades deportivas e promoción turística.
Programa cultural:
Con cargo a este programa, colaborouse na organización da XIX edición do festival “Terra Brava”, celebrado o día 26 de Agosto na Cruz do Incio e para o que se destinou unha partida de 5.000,00 €, así como no “TREMETERRA FEST” celebrado 2 de setembro, cunha partida de 2.000,00 €.
Así mesmo, leváronse a cabo clases de música tradicional (música en movemento, percusión e gaita) para nenos e adultos na Cruz do Incio, fomentando así a cultura tradicional galega. Para esta actividade destinouse unha partida do Plan Único por un total de 3.500,00 €.
Un ano máis, tamén se colaborou na edición, deseño e impresión da revista cultural “Os Fanagueiros” cun total de 1.500,00 €.
Por último, púxose en marcha ao longo do ano 2023 un “circuito cultural nas parroquias”, achegando diversas actividades culturais a diferentes puntos do Concello, o que supuxo unha partida total de 10.000,00 €.
Programa deportes:
Con cargo a este programa, levouse a cabo a actuación “deporte nas parroquias”, mediante a cal se programaron clases de zumba e pilates nos lugares de Vilademouros, Val do Mao e O Incio. Este programa tivo unha aportación de 5.000,00 € con cargo ao Plan Único 2023.
Programa turismo:
O Concello do Incio destinou unha partida de 11.500,00 € do Plan Único 2023 a unha campaña de promoción turística do Concello, para así dar a coñecer a cantidade de recursos turísticos cos que conta esta terra. Para elo, levouse a cabo promoción turística no “Rally Terras do Incio”, así como da “Volta Ciclista o Gran Camiño”, editáronse calendarios con imaxes do municipio e adquiríronse bolsas, libretas e outros artículos promocionais do Incio para o seu reparto entre veciños e visitantes.