
Martes, 29 de agosto de 2023.- O Concello do Incio da a coñecer o programa da XIII Feira de Artesanía e Produtos da Terra, que se vai celebrar este domingo día 3 e que contará, por vez primeira, cunha decena de postos de Artesanía de Galicia e con dous obradoiros participativos.
A maiores, tamén haberá empresas de alimentación da zona, como en anos anteriores, que venderán produtos típicos, como mel ou queixo, entre outros.
Programa
Ás 11:00 horas levarase a cabo a apertura dos expositores na Praza de España e nos arredores do Concello do Incio. A esa mesma hora darán comezo os obradoiros de artesanía, que serán de balde para quen queira participar.
Son obradoiros participativos para público adulto e infantil coa fin de achegar aos seus visitantes o saber facer dos profesionais do sector artesán galego e contribuír á difusión do valor engadido dos produtos artesanais.
Estarán abertos en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Obradoiro de Cianotipias
Impartido por María José Martínez e José Antonio Carrera.
Procedemento fotográfico no que empregando papel de acuarela e un produto químico sensible á luz, este exponse directamente ao sol usando negativos de fotografía ou obxectos diversos, obtendo finalmente unha imaxe en azul prusian.
Obradoiro de Shitotaku
Impartido por María José Martínez e José Antonio Carrera.
Técnica tradicional xaponesa de estampaxe artesá na que se fica o recordo de obxectos tridimensionais a través da súa pegada e no que se empregan elementos da natureza.
Ás 12:00 horas haberá un pasarrúas a cargo dun grupo tradicional.
Ás 17:30 horas dará comezo a actuación da Charanga Ardores.
Ás 20:00 horas farase o peche os expositores e ás 20:15 horas degustación de isco no guizo.
Os postos de Artesanía de Galicia que van participar son os seguintes:
1. LUCIÉRNAGA
2. MARÍA JUL
3. TONY ARTESÁN
4. PÉNDULO
5. ARLEQUINA DISEÑO
6. ZELTIA AO AIRE
7. INGENYART
8. BISUTETOKA
9. RIOMAO ESTUDIO CREATIVO (NOEL PÉREZ)
10. ENTELAPIEL