Venres, 21 de xullo de 2023.- O Concello do Incio organiza un amplo programa de actividades para o verán para o desfrute de todos os públicos, tanto nenos como adultos e público familiar.
Tras o éxito do inchables e as actividades de paddle surf no encoro de Vilasouto, a seguinte das propostas ten que ver co cine. O Goberno local programa tres sesións de cine os días 26 de xullo, 14 de agosto e 28 de agosto. O mércores día 26 proxectarase ‘Padre no hay más que uno’ no local social de Vila de Mouros ás 22:00 horas. O 14 de agosto ‘Padre no hay más que uno 2’ no mesmo lugar á mesma hora. E o 28 de agosto poderase ver a terceira parte desta triloxía de novo no local social de Vila de Mouros ás 22:00 horas.
Música e outras actividades
O venres 28 de xullo haberá un concerto de Os Parentes, na Praza de España ás 22:00 horas.
O martes 1 de agosto a Praza de España acolle o espectáculo para público adulto ‘Contos de contrabando’ a cargo de Avelino González.
E os días 7 e 8 de agosto haberá un curso de piragüismo a cargo do club Quixós en Vilasouto. As persoas que queiran participar poden anotarse chamando ao Concello do Incio.
O xoves 17 de agosto os máis pequenos da casa e o público familiar poderán gozar do conto musicado ‘O oso caroso’ na Praza de España ás 18:00 horas.