O Concello do Incio substitúe a carpintería e acondiciona o entorno do Muíño das Cortiñas cunha axuda de 17.272,81 euros da Axencia de Turismo de Galicia

muiño cortiñas

O Concello do Incio vén de executar a actuación “Substitución de carpinterías e acondicionamento do entorno do muíño das Cortiñas” para o que contou cunha axuda polo seu importe total de 17.272,81 € da Axencia Turismo de Galicia.

Con esta actuación, dase un paso máis na rehabilitación e posta en valor deste elemento do patrimonio etnográfico municipal, así como do seu entorno, ao carón do río Cabe na parroquia de San Pedro do Incio e nas proximidades da Área Recreativa A Fervenza de Saa.