“Renovación de instalacións de iluminación exterior no Incio”: actuación cofinanciada nun 80% polo Programa de subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, asumindo o restante 20% o Concello do Incio con fondos propios.
DESCRICIÓN DO PROXECTO:
Con data 18 de febreiro de 2020 o IDAE notifica ao Concello do Incio a RESOLUCIÓN FAVORABLE en virtude da cal o proxecto “Renovación de instalacións de iluminación exterior no Incio” obtivo a axuda solicitada na convocatoria regulada polo Real Decreto 616/2017*, do 16 de xuño, pola que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. Dita convocatoria foi publicada no BOE do 17 de xuño de 2017.
*Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, ampliando o seu orzamento e vixencia.
*Real Decreto 316/2019, do 26 de abril, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
*Real Decreto 1185/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
Este proxecto está encadrado no obxectivo específico OE 431-Eficiencia enerxética na edificación e nas Infraestruturas e servizos Públicos: Medida 6 Renovación das instalacións de iluminación, iluminación e sinalización exterior.
A renovación na iluminación pública exterior no municipio do Incio, provincia de Lugo, consiste na substitución das luminarias existentes (VMCC e VSAP) por luminarias LED máis eficientes. En concreto, substitúense 1154 luminarias e actúase en 64 dos 95 cadros de mando para adaptalos á normativa vixente. Con esta actuación se desminuye a potencia contratada de 70,11 KW a 39,29 KW, conseguindo un aforro enerxético estimado do 62,02 %.
O importe total do proxecto de “Renovación de instalacións de iluminación exterior no Incio” é de 522.478,00 €, sendo o cofinanciamento do FEDER dun 80% (417.982,40 €) e asumindo o Concello o 20% restante con fondos propios.
