O Concello do Incio levará a cabo a contratación de 3 peóns e un tractorista con cargo ao Plan Único 2022 da Deputación de Lugo

O Concello do Incio conta cunha partida de 40.116,29 €, procedente do Plan Único 2022 da Excma. Deputación Provincial de Lugo destinada ao fomento de emprego.

O Concello levará a cabo a contratación de 3 peóns de usos múltiples e 1 tractorista, cunha duración de seis meses, a xornada completa, para dedicarse a tarefas de mantemento, conservación, desbroce das vías municipais e acondicionamento de espazos públicos.

Deputación de Lugo

O Concello do Incio adquire un xeófono con cargo ao Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022

LOGO-PLAN-UNICO-2022O Concello do Incio adquiriu, con cargo ao Plan de Cooperación cos Concellos 2022, un xeófono Rothenberger Rogeo Ref 1500002751 co obxectivo de dotar ao persoal da brigada de obras dun comprobador de fugas de auga para o seu uso na rede municipal de abastecemento.

Con este aparello, co que non contaba ata o momento o Concello, será posible detectar dunha forma rápida as fugas ou avarías que poidan existir na rede, permitindo a súa reparación dunha forma máis eficiente en beneficio dos veciños do Incio, toda vez que se contribúe tamén a un menor desperdicio dos recursos hídricos.

A subministración deste aparello foi adxudicada á empresa Suministros Calefon S.L. por un importe de 3.500,00 €, IVE incluído, e a prestación considérase axeitada. O xeófono xa está a ser utilizado pola brigada de obras.

Geófono

Geófono