O Concello do Incio colabora coa Asociación Cultural As Xeitosas na organización dun baile de disfraces o sábado 26 de febreiro

Luns, 14 de febreiro de 2022.- O Concello do Incio colabora coa Asociación Cultural As Xeitosas na organización dun baile de disfraces que se vai celebrar o sábado día 26 de febreiro.

A mascarada dará comezo ás 18:00 horas na Praza de España do Concello do Incio, na Cruz do Incio. A organización informa que haberá premios para os mellores disfraces, música, chocolatada e doces típicos do Entroido, como as orellas.

As persoas, grupos ou comparsas interesadas en participar neste baile de máscaras poden chamar ao Concello do Incio en horario de oficina ao teléfono 982 42 70 14.

Entroido

Servizo de Atención Temperá Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020

Servizo de Atención Temperá“O FSE inviste no teu futuro”

Agrupación dos Concellos de Sarria, Láncara, Triacastela, Páramo, Paradela, Samos e O Incio.

As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorna, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.