O Concello do Incio mellora a calidade da subministración eléctrica cun investimento da UFD de preto de 200.000 euros

Venres, 17 de setembro de 2021.- O Concello do Incio mellora a calidade da subministración eléctrica do municipio grazas a un investimento de UFD, a empresa de distribución eléctrica de Naturgy, de preto de 200.000 euros.

trascastro (1)
A eléctrica investirá preto de 200.000 euros en actuacións e obras de mellora da rede de Baixa e Media Tensión no Concello do Incio. En concreto, a compañía destina 40.000 euros ao proxecto de mellora da liña de Media Tensión que dá servizo á parroquia de Trascastro e ás aldeas limítrofes.
UFD, que contou coa total colaboración por parte do Concello do Incio, iniciou a pasada semana os traballos de substitución de apoios e adecuación e reforzo desta liña de Media Tensión, de case un quilómetro de lonxitude. Os traballos, que durarán entre 2 e 3 semanas, suporán unha importante mellora na calidade da subministración eléctrica aos lugares de Trascastro, Moura, A Ferrería, Airela, Hospital, Pena, Dontide y Dompiñor.

trascastro (4)
Así mesmo, UFD ten previsto un investimento de 150.000 euros na construción dun novo centro de transformación, con maior potencia, no núcleo urbano do Incio, así como o soterramento da rede de baixa tensión asociada ao transformador para garantir a calidade do servizo no municipio. Por outra banda, tamén se instalarán dous telecontrois para mellorar a manobra a distancia dos interruptores e así localizar máis rapidamente o punto dunha incidencia e diminuír así os tempos de interrupción.
UFD fixo un importe esforzo nos últimos anos en innovación e aplicación de novas tecnoloxías para avanzar na telemedida e telexestión dos puntos de subministración, no telecontrol, a automatización e sensorización das redes, así como no robustecemento das infraestruturas e integración das redes de comunicación e sistemas de información coa rede convencional para optimizar a súa explotación.
A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministración de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais, contribuíndo ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida.

O Concello do Incio recibe subvencións da Xunta para a promoción da igualdade financiadas pola Unión Europea

subvencións igualdade incio

O Concello do Incio levou a cabo durante o pasado curso escolar (2020-2021) o Plan de Conciliación “Extraescolares no Incio” que consistou no servizo de Madrugadores no CEIP Ricardo Gasset e actividades extraescolares despois da xornada lectiva
(inglés, reforzo escolar). Tamén durante o verán desenvolveu un campamento nos meses de xullo e agosto.

Estas actividades contaron cunha subvención da Secretaría Xeral de Igualdade e a
Unión Europea (Fondo Social Europeo).

O Concello do Incio ten previsto dar continuidade ao Plan de Conciliación durante este curso 2021-2022 coas mesmas actividades e, incluso, coa implantación doutras novas.

O Concello do Incio logra a navegabilidade sen motor do embalse de Vilasouto

Xoves, 9 de setembro de 2021.- O Concello do Incio vén de lograr a navegabilidade do embalse de Vilasouto, cuxa petición presentou formalmente no verán do ano 2019 á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

O alcalde, Héctor Corujo, considera que “é un día moi importante para o noso Concello polas posibilidades que se abren a partir de agora no embalse, sobre todo pensando no tempo de lecer e no seu aproveitamento turístico ou deportivo”. Tanto é así, explica, que o Goberno local xa prepara algunha actividade no embalse para celebrar, en canto sexa posible, que a petición fora adiante.

Embalse de Vilasouto

Na súa resolución con data do 6 de setembro, a CHMS explica que

As actividades de navegación e/ou flotación que se poidan desenvolver no encoro de Vilasouto non se consideran susceptibles de xerar afección na calidade da auga que implique unha deterioración nos resultados da avaliación do estado químico e do potencial ecolóxico da masa de auga, sempre que:

Se realicen en embarcacións a veta e/ou remo, pero excluíndo o uso de motor”.

O escrito aclara que se permite unicamente a navegación a vela e a remo debido a que nesta presa sitúase a toma para o abastecemento ao termo municipal de Bóveda. Así mesmo, ao ser unha presa vinculada tamén cun aproveitamento de rega puidese darse o caso que en determinadas épocas do ano non calase suficiente para o seu exercicio ou ben o acceso para o exercicio para a navegación ou flotación sexa difícil ou imposible.

Tamén se precisa que non se poderá exercer a navegación e/ou flotación nos perímetros balizados respecto diso, así como dentro da zona onde se pode exercer a navegación e/ou flotación deberá ter especial coidado cos esqueletos de árbores que non se tallaron antes do enchido e que afloran durante os períodos no que a cota está baixa.