O Concello do Incio e a Cámara Mineira de Galicia organizan unha ruta xeolóxica para o sábado 10 de xullo

Venres, 2 de xullo de 2021.- O Concello do Incio, en colaboración coa Cámara Mineira de Galicia e o Colexio Oficial de Xeólogos organizan unha ruta guiada para o vindeiro sábado día 10 de xullo.

En concreto, a andaina ten como eixo central e Ruta do Ferro do Incio vista desde a historia xeolóxica: mares e cordilleiras de hai millóns de anos.

rutaoincio (1)

A existencia de abundantes minas de ferro, de augas termais, e de ríos que desaparecen e volven a aparecer, ten unha interesante explicación xeolóxica. Para comprender esta explicación debemos remontarnos ao que os xeólogos coñecen da Terra hai máis de 400 millóns de anos, cando a comarca do Incio era un lugar moi diferente.

Charla e ruta guiada
Ás 10 da mañá haberá unha charla no salón de usos múltiples do Concello con Eduardo González Clavijo sobre as minas de ferro e as augas termais. Ao remate farase a ruta guiada, de cinco quilómetros de percorrido por un tramo da Ruta do Ferro, ata a Fonte de Arnado e con parada en dúas das minas que hai no traxecto. O traslado ao punto de saída será en microbús.
É preciso reservar praza chamando ao Concello do Incio, ao teléfono 982 42 70 14. Hai 30 prazas dispoñibles.
A actividade, pensada para todos os públicos, é gratuíta e recoméndase levar calzado cómodo e auga.

O guía
Eduardo González Clavijo é licenciado en xeología pola Universidade de Salamanca. Nos últimos anos realizou varios traballos de divulgación científica e xeoturismo para a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a Sociedad Geológica de España e o Colexio Oficial de Xeólogos. É o autor da explicación xeolóxica da Ruta do Ferro realizada en 2018 para a Cámara Oficial Mineira de Galicia.

O Concello do Incio levará a cabo actuacións de promoción turística durante o 2021 e dará axudas ao sector hostaleiro afectado pola pandemia con cargo ao Plan Úncio da Deputación de Lugo

O Concello do Incio dispón dunha partida de 6.000 € para promoción turística e de 10.000 € para gastos correntes derivados da COVID-19, procedentes do Plan Único 2021 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

As actuacións que se levarán a cabo para promoción turística consisten en gasto de promoción do Rally Terras do Incio, que un ano máis dá a coñecer ó Incio polas diferentes localidades que percorre, gastos de promoción audiovisual, e a edición e impresión de calendarios personalizados con imaxes do Concello do Incio para o reparto entre veciños e visitantes.

Por outra banda, o Concello, destinará á adquisición de material de protección fronte a COVID-19 un importe de 5.000€ e para axudas directas a hostalaría do municipio, duramente afectado pola crise xerada pola pandemia, outros 5.000 €.

Deputación Provincial de Lugo