O Concello do Incio programa o concerto ‘Mozart á galega’ interpretado por Atlantic Mozart Flute Quartets na Igrexa de San Pedro Fiz

Mércores, 19 de maio de 2021.- O Concello do Incio programa un concerto de Atlantic Mozart Flute Quartets na Igrexa de San Pedro Fiz en Hospital do Incio para o vindeiro sábado día 5 de xuño ás 20:00 horas.

A actuación baixo o título ‘Mozart á galega’ consistirá nun recital da integral dos cuartetos para frauta e trío de cordas de W.A. Mozart con temas tradicionais galegos.

Concerto no Incio

Este recital será previo a gravación na mesma igrexa dun disco que será publicado por Edicións Xerais de Galicia dentro dun libro escrito por Fina Casalderrey sobre unha evocadora visita de Mozart a Galicia. “O xenio da cidade de sal”.

O concerto, que terá unha hora de duración, será de entrada libre ata completar o aforo, que se axustará á normativa sanitaria en vigor nese momento.

A Integral dos Cuartetos para Frauta e trío de cordas está formada por:

Luis Soto: Frauta Travesa.

David García: Violín

Ioana Ciobotaru: Viola

Millán Abeledo: Violoncello

O recital será interpretado cunha frauta de madeira de finais do século XIX.

Para máis información: www.mozartagalega.gal.