Venres, 19 de xuño de 2020.- O Concello do Incio informa aos veciños e veciñas a través dun Bando da Alcaldía da recollida de residuos voluminosos o vindeiro 1 de xullo.
En concreto, explica que o día 1 de xullo se procederá á recollida de residuos voluminosos que non poden ser depositados no contedor do lixo nin ser recollidos polo camión compactador.
Así, procederase á recollida de colchóns, neveiras, televisores ou lavadoras, entre outros residuos de gran tamaño.
Depositalos o 29 e 30 de xuño
Os obxectos voluminosos dos que os veciños e veciñas queiran desfacerse deberán ser depositados nas inmediacións dos contedores existentes os próximos días 29 e 30 de xuño para a súa recollida o día 1 de xullo.
O Concello do Incio precisa que non se poden depositar noutros días que non sexan os indicados e agradece a colaboración veciñal para retirar este tipo de refugallos.