Hoxe tivo lugar a xornada técnica de portas abertas sobre as obras de restauración da igrexa da Cruz do Incio

Mércores, 11 de marzo de 2020.- A Xunta de Galicia e o Concello do Incio organizaron hoxe unha xornada técnica de portas abertas sobre as obras de restauración da igrexa de Santa Cruz do Incio. O director de obra, Jesús Bouzas Fernández, explicoulles ás persoas que se achegaron ata o templo os traballos que se están a levar a cabo e as principais melloras que supón a actuación.  Na xornada participou tamén o alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo.

O Goberno galego e o municipal promoveron esta iniciativa dirixida a dar conta da remodelación integral deste templo relixioso, considerado de grande interese histórico, arquitectónico e cultural, por canto representa un dos proxectos máis singulares deseñados por un dos máis afamados arquitectos do século XX, José Luis Fernández de Amo.

As obras

A intervención na igrexa supón melloras tanto no interior como no exterior do templo, así como en todas as súas características estruturais.

Así, estanse a realizar tarefas de reposición e mantemento, como o relevo da lousa, introducindo unha serie de capas intermedias illantes que melloren as condiciones térmicas e de confort. Igualmente, estanse acometendo labores de saneamento para resolver o problema das humidades procedentes do exterior. No acceso procederase á eliminación de barreiras arquitectónicas.

Tamén se prevé rematar partes da obra que quedaron sen finalizar, tras a súa inauguración en 1963, como é o caso do interior da torre do campanario. Ata o de agora dispuña dunhas escaleiras metálicas, configuradas como solución provisional, pouco funcionais, que serán substituídas.

O proxecto de restauración pretende ademais recuperar a monumentalidade e a esencia orixinal da igrexa. Para elo, actuarase sobre o estado das carpinterías e pavimentos, entre outros traballos. Tamén se proxecta a mellora integral do sistema eléctrico do edificio.

As obras financiadas pola Consellería de Cultura e Turismo e adxudicadas a Resconsa contan cun orzamento de 128.947,44 euros e está previsto que rematen no prazo dun mes.

O Concello do Incio aproba uns Orzamentos para 2020 que ascenden a 1.811.000 euros

Martes, 10 de marzo de 2020.- O Concello do Incio aprobou no Pleno ordinario celebrado hoxe os Orzamentos municipais para o ano 2020 que ascenden a 1.811.000 euros, preto de 400.000 euros máis que os do ano anterior, ou o que é o mesmo, un 29% máis. As contas cumpren coa regra de gasto e coa estabilidade orzamentaria e foron informadas de xeito favorable polo Servizo de Intervención Municipal.

O incremento nas contas vén motivado esencialmente, tal e como explica o rexedor, Héctor Corujo, polo incremento dos ingresos reais respecto ao previsto no exercicio de 2019, e a previsión do incremento nas transferencias correntes por mor do crecemento económico. En concreto, vanse destinar 356.776,06 euros a investimentos reais.

Liñas de actuación

Mantéñense os servizos públicos básicos, onde atopamos, entre outros, unha serie de servizos imprescindibles para a cidadanía, tales como, a recollida e tratamento de residuos, a iluminación pública, tentando garantir un servizo eficiente e a redución ao máximo dos custos; e o mantemento das zonas axardinadas, cun persoal adecuado e eficiente.

Mantéñense tamén os servizos sociais, que se verán reforzados, xa que o Goberno local considera que nestes momentos, os nosos maiores, así como os dependentes, son os que máis nos necesitan. Así, o Concello do Incio acometerá unha aposta clara por este servizos.

Tamén se atenderá de xeito decidido o ámbito cultural e deportivo, tentando manter todos os servizos, e mesmo atendendo ás necesidades cidadás, así como ás demandas sociais. Inclúese neste apartado unha subvención nominativa co fin de promover o deporte entre os nenos e as nenas do Concello.

Ao mesmo tempo, vaise seguir apoiando ás asociacións para que poidan realizar as súas actividades dotándoas das cantidades suficientes para elo.

Vanse reforzar os investimentos realizados polo propio Concello, garantindo ao máximo o mantemento das vías públicas coa consignación de aplicacións destinadas ao subministro de materiais para o servizo de obras.

Ademais, tamén se procurarán novas axudas económicas doutras administracións públicas, o que vai permitir incrementar a realización de obras para toda a cidadanía. Entre estas, a achega do IDAE para a renovación da iluminación pública de todo o termo municipal, que ascende a 417.982,40 euros.

As contas recibiron o voto favorable do Grupo Municipal do PP e o voto en contra do Grupo Municipal do PSOE.

 

O Concello do Incio levará a cabo a inspección técnica de vehículos agrícolas entre o 30 de marzo e o 2 de abril

Luns, 09 de marzo de 2020.- O Concello do Incio informa a través dun bando que a empresa Supervisión y Control S.A. ten previsto o desprazamento da súa unidade móbil ao municipio entre o 30 de marzo e o 2 de abril co obxecto de realizar inspeccións técnicas periódicas a vehículos agrícolas.

Os días e horarios serán os seguintes:

Noceda (Pista polideportiva), 30 de marzo. De 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.

Cruz do Incio (Aparcamento do campo de fútbol). Do 31 de marzo ao 1 de abril. De 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.

Val do Mao (Campo da festa). 2 de abril. De 09:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas.

Cita previa

As persoas interesadas poden solicitar cita previa chamando ao 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com

 

Organizan unha xornada técnica de portas abertas sobre as obras de restauración da igrexa da Cruz do Incio

Venres, 6 de marzo de 2020.- A Xunta de Galicia e o Concello do Incio organizan para o vindeiro 11 de marzo unha xornada técnica de portas abertas sobre as obras de restauración da igrexa de Santa Cruz do Incio. Os interesados e interesadas en coñecer os traballos que se están a levar a cabo poden participar neste acto aberto ao público entre as 12:00 e as 14:00 horas.

O Goberno galego e o municipal promoven esta iniciativa dirixida a dar conta da remodelación integral deste templo relixioso, considerado de grande interese histórico, arquitectónico e cultural, por canto representa un dos proxectos máis singulares deseñados por un dos máis afamados arquitectos do século XX, José Luis Fernández de Amo.

As obras

A intervención na igrexa supón melloras tanto no interior como no exterior do templo, así como en todas as súas características estruturais.

Así, estanse a realizar tarefas de reposición e mantemento, como o relevo da lousa, introducindo unha serie de capas intermedias illantes que melloren as condiciones térmicas e de confort. Igualmente, estanse acometendo labores de saneamento para resolver o problema das humidades procedentes do exterior. No acceso procederase á eliminación de barreiras arquitectónicas.

Tamén se prevé rematar partes da obra que quedaron sen finalizar, tras a súa inauguración en 1963, como é o caso do interior da torre do campanario. Ata o de agora dispuña dunhas escaleiras metálicas, configuradas como solución provisional, pouco funcionais, que serán substituídas.

O proxecto de restauración pretende ademais recuperar a monumentalidade e a esencia orixinal da igrexa. Para elo, actuarase sobre o estado das carpinterías e pavimentos, entre outros traballos. Tamén se proxecta a mellora integral do sistema eléctrico do edificio.

As obras financiadas pola Consellería de Cultura e Turismo e adxudicadas a Resconsa contan cun orzamento de 128.947,44 euros e está previsto que rematen nas vindeiras semanas.

 

O Concello do Incio renovará 1.154 luminarias do alumeado público

Martes, 3 de marzo de 2020.- O Concello do Incio vén de recibir unha resolución pola que se estima favorable a solicitude de axuda para a renovación de instalacións de iluminación exterior no conxunto do municipio.

A subvención concedida polo Instituto para la diversificación y el ahorro de la energía (IDAE) para a renovación no alumeado público exterior consiste na renovación das luminarias existentes (VMCC e VSAP) por luminarias LED máis eficientes.

En concreto, substituiranse 1.154 e actuarase en 64 dos 95 cadros de mando para adaptalos á normativa vixente.

Un aforro enerxético do 62,02%

Con esta actuación diminuirá a potencia contratada de 70,11 kW a 39,29 kW, conseguíndose un aforro enerxético estimado do 62,02%.

O investimento total no proxecto ascende a 522.478 euros, dos que o IDAE achega un importe máximo de 417.982,40 euros ao amparo das subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. A contía restante correspóndelle pagala ao Concello.

O alcalde, Héctor Corujo, subliña a importancia de ter acadado esta subvención, posto que vai permitir a renovación da iluminación en todo Concello, ao tempo que suporá un importante aforro na factura que se viña pagando polo consumo de luz pública.