O Concello do Incio acollerá en abril un curso básico de Protección Civil

Mércores, 26 de febreiro de 2020.- A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) impartirá no mes de abril un curso básico de Protección Civil no Concello do Incio.

A actividade, que se vai desenvolver do 14 ao 19 de abril, ambos incluídos, conta con 32 horas lectivas presenciais e 25 prazas. O prazo para inscribirse remata o 2 de marzo.

O alumnado poderá adquirir a formación básica necesaria para o exercicio das funcións de protección civil. Haberá 22 horas de teoría e 10 de práctica. O contido versará sobre a protección civil, os riscos, accidentes e autoprotección, loita contra incendios, comunicacións, actuacións básicas ante emerxencias médicas e igualdade de oportunidades.

A inscrición no curso é gratuíta. O curso está dirixido a Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil – Candidato/a a voluntario. En concreto, ao persoal de ingreso nas agrupacións de voluntarios de protección civil.

Para poder formar parte hai que estar inscrito como candidato/a a voluntario/a na correspondente AVPC do RGAVPC.

Os solicitantes deberán acreditar que no padecen enfermidade ni están afectados por limitación física o psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matrícula no curso.

Para formalizar a inscrición consultar o DOG núm. 36 – 21/02/2020.

O desfile de carrozas que organiza o Concello do Incio suma xa máis de cen persoas inscritas

Venres, 21 de febreiro de 2020.- O desfile de carrozas que organiza mañá o Concello do Incio ten xa confirmada a participación de 8 grupos que soben das dez persoas, polo que xa hai máis de cen disfraces inscritos. A este número haberá que sumarlle as inscricións de última hora e os disfraces individuais, o que fai pensar que a participación no Entroido do Incio será elevada.

Desde o Goberno local agradecen a aceptación que está a ter a programación que organizaron con motivo do Entroido e recordan que haberá agasallos para os participantes.

Desfile

A saída do desfile será desde a residencia ás 18:00 horas e o percorrido rematará diante da Casa do Concello.

Ás 19:00 horas haberá chocolatada e doces de Entroido na Praza do Concello. A celebración estará amenizada por un trío musical.

Cea-Baile

Ás 22:00 horas haberá unha cea-baile no Mercado Gandeiro do Incio organizada polos veciños e veciñas á que animan a asistir disfrazado. O menú está composto por sopa de cocido, cocido, sobremesa e café e terá un prezo de 15 euros para os adultos e será gratuíto para os nenos e nenas ata os 8 anos. Tamén haberá música en directo con DJ Francis. As entradas poden adquirirse nos bares do Incio e na Ferretería O Garabato.

 

 

Os Concellos de A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio únense para solicitarlle á Xunta un obradoiro de emprego

Xoves, 20 de febreiro.- O Concello da Pobra do Brollón, o Concello de Bóveda e o Concello do Incio uníronse para solicitarlle á Xunta un obradoiro de emprego. Con este obxectivo os alcaldes das tres localidades veñen de manter unha xuntanza de traballo co delegado territorial de Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, para coñecer o procedemento a levar a cabo e poder demandar o taller de emprego.

En concreto, os tres concellos solicitarán en conxunto un obradoiro de silvicultura no que poderán participar persoas desempregadas destas tres localidades.

Neste ano 2020 a Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará a posta en marcha de 14 obradoiros de emprego que implican a 32 concellos da provincia de Lugo, para o que destina un orzamento de 4,4 millóns de euros.

Ao mesmo tempo, mantense aberta a convocatoria de axudas dirixidas a concellos, mancomunidades e entidades públicas dependentes para a posta en marcha destas iniciativas.

Os beneficiarios recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade.

Entre os criterios de valoración desta convocatoria destaca a maior puntuación para os concellos asociados ou resultantes de fusións de dous ou máis municipios, así como para os concellos emprendedores; de aí que Bóveda, O Incio e Pobra do Brollón decidiran concorrer conxuntamente.

 

Un saúdo,

Máis de medio cento de parellas participan mañá no I Campionato de Futbolín Concello do Incio

Venres, 14 de febreiro de 2020.- O Concello do Incio mantén aberto o prazo de inscrición para anotarse no I Campionato de Futbolín Concello do Incio que se vai celebrar mañá no pavillón da localidade a partir das 12:00 horas. Polo de agora a organización ten confirmada a participación de máis de medio cento de parellas procedentes de diferentes puntos de Galicia, de Asturias e Castela e León.

O torneo de futbolín achegará á localidade a xogadores amadores e de gran nivel. Van participar deportistas de primeira e segunda categoría e tamén locais. Tamén haberá categoría de elite.

As categorías serán primeira, segunda, terceira e locais e haberá premios en metálico, trofeos, medallas e cestas de produtos.

As dúas parellas gañadoras do torneo celebrado o pasado 29 de decembro no Incio conseguiron como premio a inscrición gratuíta no I Campionato de Futbolín Concello do Incio.

A inscrición para o campionato segue está aberta ata mañá, chamando ao Concello ou ao número 637176984.

Para levar a cabo esta actividade o Concello do Incio conta coa colaboración de Lucus Recreativos.

Rematados os traballos de rehabilitación do firme da estrada de acceso á presa de Vilasouto

Mércores, 12 de febreiro de 2020.- O Concello do Incio valora o remate dos traballos de rehabilitación do firme da estrada de acceso á presa de Vilasouto acometidos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) desde a estrada LU-644 á coroación da presa.

O alcalde, Héctor Corujo, explica que se trataba dunha actuación “moi necesaria” debido o mal estado que presentaba o firme.

As obras foron adxudicadas por 62.921 euros á empresa ACOVAL.

A CHMS, a titular da vía

O pasado mes de agosto o rexedor do Concello do Incio, Héctor Corujo, mantivo unha xuntanza de traballo co presidente da CHMS, José Antonio Quiroga,  na que amosou o seu interese, entre outros asuntos, polo arranxo desta estrada que une Laiosa coa presa, así como co mantemento das infraestruturas que son competencia do organismo da conca. Tamén se preocupou polo desbroce da vía que conecta os núcleos de Vilasouto e Mosteiró.

Na mesma reunión, o alcalde propúxolle ao presidente da entidade facer navegable o embalse de Vilasouto, unha proposta que o responsable da entidade se comprometeu a estudar.

O Concello do Incio organiza un desfile de carrozas de Entroido para o sábado 22

Luns, 10 de febreiro de 2020.- O Concello do Incio organiza para o sábado 22 un desfile de carrozas para celebrar o Entroido.

A saída será desde a residencia ás 18:00 horas e o percorrido rematará diante da Casa do Concello.

Ás 19:00 horas haberá chocolatada e doces de Entroido na Praza do Concello. A celebración estará amenizada por un trío musical.

O Concello do Incio terá agasallos para as carrozas participantes, que deben anotarse antes do día 22 chamando ao número 982 42 70 14.

Cea-Baile

Ás 22:00 horas haberá unha cea-baile no Mercado Gandeiro do Incio organizada polos veciños e veciñas á que animan a asistir disfrazado. O menú está composto por sopa de cocido, cocido, sobremesa e café e terá un prezo de 15 euros para os adultos e será gratuíto para os nenos e nenas ata os 8 anos. Tamén haberá música en directo con DJ Francis. As entradas poden adquirirse nos bares do Incio e na Ferretería O Garabato.CARTEL ENTROIDO O INCIO_page-0001