O Concello do Incio promociónase polo mundo a través dunha postal

Mércores, 29 de xaneiro de 2020.- O Concello do Incio promociónase polo mundo a través dunha postal na que se pode ver a imaxe nevada da igrexa de San Pedro Fiz do Incio. A foto foi feita por Tariq Dajani, da Casa da Cabaza.

O Goberno local fixo entrega de 800 exemplares desta postal cos calendarios locais de 2020 que tamén repartiu entre os veciños e veciñas. A idea é que envíen a postal, que leva o franqueo pagado, a familiares e amigos que vivan ou estean polo mundo e que estes lles manden a foto de volta dos lugares aos que chega.

“É unha maneira máis de seguir dando a coñecer O Incio”, explica o alcalde, Héctor Corujo, e de que as persoas ás que lles chega a postal, por lonxe que estean, queiran vir a coñecernos. Un reclamo máis do noso Concello”.

As postais entregáronse nas datas de Nadal e xa comezan a chegar as primeiras fotos. O Goberno municipal invita aos veciños e veciñas a compartilas a través das redes sociais mencionando ao Concello, tanto no Facebook, como no Twitter ou no Instagram.

A primeira foto que recibiron da postal tivo como destino o país de Malta. Todas as postais recibidas serán difundidas a través das redes sociais co obxectivo “de ver o lonxe que pode chegar O Incio”.postal

O I Campionato de Futbolín Concello do Incio celebrarse o 15 de febreiro

Martes, 7 de xaneiro de 2020.- O Concello do Incio vén de abrir o prazo de inscrición para anotarse no I Campionato de Futbolín Concello do Incio que se vai celebrar no pavillón da localidade o vindeiro 15 de febreiro.

O torneo de futbolín traerá á localidade a xogadores amadores e de gran nivel de toda España. Van participar deportistas de primeira e segunda categoría e tamén locais. Tamén haberá categoría de elite.

As categorías serán primeira, segunda, terceira e locais e haberá premios en metálico, trofeos, medallas e cestas de produtos.

As dúas parellas gañadoras do torneo celebrado o pasado 29 de decembro no Incio conseguiron como premio a inscrición gratuíta no I Campionato de Futbolín Concello do Incio.

A inscrición para o campionato xa está aberta, chamando ao Concello ou ao número 637176984.

Para levar a cabo esta actividade o Concello do Incio conta coa colaboración de Lucus Recreativos.torneofutbolin