Lucía Pérez ofrecerá o sábado un Concerto de Nadal na Igrexa de Hospital do Incio

cartel-concerto-nadalMartes, 17 de decembro de 2019.- O Concello do Incio organiza para este sábado un Concerto de Nadal da artista local Lucía Pérez ás 19:00 horas nun lugar máxico, a igrexa de Hospital do Incio.

Será a primeira vez que nas paredes de mármore desta xoia do Románico resoe a música en directo da artista do Incio, a que coa súa voz e a súa música faga emocionar aos asistentes nun lugar, sen dúbida, inspirador.

Con esta proposta, tanto o Goberno local como a artista, intentan poñer en valor os recursos que temos preto, dándolle vida a espazos únicos para outros usos culturais.

O Concello do Incio convida a asistir “a un concerto exclusivo que, a bo seguro, fará as delicias do público”. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.

Programación de Nadal

O Concerto de Nadal súmase a outras iniciativas xa presentadas polo Goberno local para estas datas festivas, como o concurso infantil de debuxo e o torneo de futbolín, ás que seguirán engadindo novas propostas e actividades.

O Concello do Incio organiza un torneo de futbolín e unha máster class o 29 de decembro

O Concello do Incio organiza un torneo de futbolín e unha máster class o 29 de decembro. A actividade forma parte da programación de Nadal que está a configurar o Goberno local e da que se deu a coñecer un concurso infantil de debuxo.

O torneo de futbolín será clasificatorio para o I Open de Futbolín Concello do Incio, que se levará a cabo nos primeiros meses do ano 2020 e que traerá á localidade a xogadores amadores e de gran nivel de toda España.

Xogadores afeccionados

O torneo do día 29 está pensando para xogadores afeccionados. Poderán anotarse ese mesmo día a partir das 16:00 horas no Pavillón do Concello do Incio. Os gañadores conseguirán como premio a inscrición gratuíta no I Open de Futbolín Concello do Incio.

No torneo clasificatorio van participar deportistas de primeira e segunda categoría e tamén locais. No I Open de Futbolín tamén haberá categoría de élite.

Ademais do torneo, o día 29 haberá unha máster class a cargo de Jonatan López, campión Máster Rábade 2017 e Jesús Redondo, Campión de España 2008 e Campión Máster Santander 2010.

A inscrición para o torneo clasificatorio xa está aberta, chamando ao Concello ou ao número 637176984.

Para levar a cabo esta actividade o Concello do Incio conta coa colaboración da Deputación de Lugo a través do Plan Único e de Lucus Recreativos.Torneo de Futbolín