O CONCELLO DO INCIO EXECUTARÁ OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO MUNICIPAL DENDE A LU-642 A BARDAOS

Martes, 15 de outubro de 2019.- O Concello do Incio vén de adxudicar a execución da obra de mellora do camiño municipal dende a LU-642 a Bardaos. Os traballos, incluídos no Plan de Mellora de Camiños Municipais de Agader, serán executados pola empresa Ovisa Pavimentos y Obras e contarán cun orzamento de 60.248 euros, dos cales o Concello asumirá o IVE.

As obras de acondicionamento e mellora da vía municipal atópanse no Concello do Incio, na parte norte, e esténdense desde o enlace coa estrada autonómica LU-642 ata as inmediacións de Bardaos. O vial conta cunha lonxitude de 1.600 metros e unha anchura media de 4,30 metros de traza, máis o espazo dedicado a cunetas laterais.

Esta vía municipal conecta o lugar de Bardaos, Santalla, coa estrada autonómica LU-642 e esta coa capital municipal e co Concello veciño de Sarria. Trátase dunha vía que absorbe un importante tráfico de maquinaria agroforestal e que presenta necesidades de mellora da capa de rodadura.

As obrasAs obras consistirán nunha mellora da vía de comunicación que consiste nun reforzo do firme existente coa incorporación dunha nova capa de firme a base de aglomerado en quente tipo D-12 de 6 CM de espesor, máis axeitada ás características do tráfico rodado que soporta.

Proxectase que a vía teña una ancho medio pavimentado de 4,30 metros, adaptándose á traza existente, e xerando a menor alteración posible da paisaxe para minimizar os impactos.

A obra estrutúrase nas fases de limpeza e preparación da pista e pavimentado con aglomerado en quente.

O prazo de execución das obras será dun mes.