O Concello do Incio colabora un ano máis coa revista “Os Fanagueiros”. Unha publicación que contribue a poñer en valor a parroquia de Eirexalba, a sua historia e cultura e tradicionais, a lingua, os contos e as lendas e o máis importante; a sua xente. O Concello do Incio colabora na edición desta revista, unha iniciativa única no municipio e na sua contorna. Os anos pasarán e a parroquia de Eirexalba vivirá alén do tempo, pois as vindeiras xeracións atoparán un arquivo único con esta ringleira de revistas.
Arquivos mensuais: Novembro 2015
Curso básico de Protección Civil O Incio
Información Eleccións Cortes Xerais 2015
Do 2 ó 9 de novembro incluidos calquera persoa pode formular reclamación sobre os seus datos censáis. As reclamacións poderán presentarse directamente na Delegación Provincial do Censo Electoral ou a través do Concello, debendo acompañar fotocopia do DNI, carné de conducir ou pasaporte.
Exposición ó público da revisión do PXOM do Incio
Tódolos vecinos/as e persoas interesadas teñen á sua disposición nas oficinas municipais o expediente de revisión do Planeamento Xeral do Incio (PXOM)
O documento pode consultarse en horario de luns a venres de 08:00 a 14:00 horas e os luns, mércores e venres tamén de tarde en horario de 16:00 a 20:00 horas.
O prazo para presentar alegacións remata o 21 de decembro de 2015.


