A Xunta de Galicia pon hoxe en servizo o treito de 9 quilómetros entre o enlace do Incio e o enlace de Bóveda que completan a Vía de Altas Prestacións Sarria-Monforte.
Desde hoxe, estará plenamente operativa esta infraestrutura coa apertura do tramo que conecta o enlace do Incio con Bóveda, correspondente ao treito 2, que ten unha lonxitude de preto de 9 km e supuxo un investimento de máis de 43 millóns de euros.