As subvencións do programa do Bono de Aluguer Social están destinadas a atender con carácter urxente ás unidades de convivencia que precisen, por estar inmersas en situacións de especial dificultade, dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, paliando deste xeito os efectos derivados dunha resolución xudicial ditada nun procedemento xudicial de desafiuzamento por impago das rendas da súa vivenda habitual ou, no seu caso, evitando o lanzamento efectivo da mesma.
As axudas consisten en:
• bonos de aluguer social cunha contía de 150 € mensuais. Concédense por un período de ata 12 meses, que poderá prorrogarse, previa solicitude do interesado, por un período igual ao da concesión inicial.
• axuda adicional de 450 € para cubrir os gastos de formalización dun novo contrato de alugueiro ou, no caso de permanecer na mesma vivenda, para atender cantidades pendentes.
BENEFICIARIOS
Esta axuda está dirixida ás persoas afectadas por procedementos xudiciais de desafiuzamento por impago de rendas.
Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as que cumpran os seguintes requisitos:
1.- Ter sido parte, en calidade de persoa arrendataria, dun procedemento de desafiuzamento por impago de rendas, derivado dun contrato de arrendamento de duración non inferior a 12 meses.
- Que entre a presentación da solicitude da axuda e a data da notificación da resolución xudicial de terminación do procedemento de desafiuzamento por impago de rendas non transcorreran máis de 3 meses.
- Que teñan a residencia na Comunidade Autónoma de Galicia durante polo menos 12 meses anteriores á data da solicitude da axuda.
- Que sexa titular ou estea en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa, ou vaia a constituír, o seu domicilio habitual e permanente.
- Que a renda do contrato de arrendamento que se subvenciona non poderá superar os importes sinalados no artigo 6.
- Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, computados conforme establece o artigo 4, sexan inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples (IPREM).
- Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña unha vivenda en propiedade ou en usufruto no territorio nacional.
- Que a persoa arrendataria nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia non teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata segundo grado, coa persoa arrendadora. Este mesma esixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.
2.- A persoa beneficiaria non pode ser arrendataria de vivendas xestionadas polo IGVS.
3.- As persoas membros da unidade de convivencia deberán estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa administración pública da Comunidade Autónoma, do Estado e da Seguridade Social, e non estar incursos en ningún dos outros supostos previstos no artigo10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
LÍMITE DE INGRESOS
Os beneficiarios do Bono de Alugueiro Social non poderán superar os ingresos máximos que se indican na táboa:
|
Nº membros unidade familiar
|
1,5 veces IPREM
Mensual |
|
1
|
745,51
|
|
2
|
1.035,44
|
|
3
|
1.164,87
|
|
4
|
1.331,28
|
|
5 ou máis
|
1.553,15
|
Considerase unidade de convivencia ao conxunto de persoas que habitan nunha mesma vivenda de forma habitual e permanente e con vocación de estabilidade, con independencia da relación que exista entre todas elas. Unha unidade de convivencia pode estar composta por varias unidades familiares. A composición da unidade familiar será a que se estableza na normativa reguladora do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
A existencia de discapacitados na unidade familiar valorase a través da ponderación de ingresos e os fillos concibidos no momento da axuda e aínda non nacidos computaranse como un membro máis da unidade familiar.
RENDA DAS VIVENDAS
A renda mensual máxima a pagar polos beneficiarios do Bono de Aluger Social non pode superar os seguintes importes:
-
400 €, para as vivendas situadas nos concellos de A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra
-
350 €, para as vivendas situadas nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
-
300 €, para as vivendas situadas no resto de concellos.
Estas contías poderán ser incrementadas ata un 20% no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia onde necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.
PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN
De conformidade co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o procedemento de concesión das axudas reguladas nesta orde efectuarase en réxime de concorrencia non competitiva para poder atender a todas ás solicitudes que se vaian presentado ata o esgotamento do crédito previsto na convocatoria.
As axudas serán convocadas a través da correspondente orde, que establecerá os prazos de solicitude e o financiamento de cada convocatoria.
PAGO
O IGVS realizará o pago da axuda na conta do arrendador, unha vez comprobado que o inquilino realizou o pago da parte que lle corresponde (os inquilinos comunicarán ao IGVS o pago do alugueiro achegando un comprobante bancario do mesmo).
CONVOCATORIA 2015
A convocatoria de 2015 realízase a través da Orde que publica o DOG o 28 de agosto de 2015.
A convocatoria de 2015 conta cun orzamento total de 1.020.000 euros en tres anualidades.
As axudas previstas nesta convocatoria, teñen carácter plurianual para os exercicios 2015, 2016 e 2017:
|
2015
|
2016
|
2017
|
Total
|
|
255.000€ €
|
455.000 €
|
310.000 €
|
1.020.000 €
|
En 2016 realizarase unha nova convocatoria
PRAZO DE SOLICITUDE CONVOCATORIA 2015
-
Arrendatarios respecto das que se lle tivera ditado unha resolución xudicial de terminación dun procedemento de desafiuzamento por impago de rendas nos tres meses anteriores á data de publicación desta orde. O prazo de solicitudes será de un mes a partir da publicación da Orde no DOG.
-
Resto de casos: ata o 30 de novembro de 2015 ou ao esgotamento da partida orzamentaria.
O Concello do Incio colabora un ano máis coa revista “Os Fanagueiros”. Unha publicación que contribue a poñer en valor a parroquia de Eirexalba, a sua historia e cultura e tradicionais, a lingua, os contos e as lendas e o máis importante; a sua xente. O Concello do Incio colabora na edición desta revista, unha iniciativa única no municipio e na sua contorna. Os anos pasarán e a parroquia de Eirexalba vivirá alén do tempo, pois as vindeiras xeracións atoparán un arquivo único con esta ringleira de revistas.