Modificación da ordenanza fiscal da auga

O Concello do Incio vén de aprobar a modificación da ordenanza fiscal por tasa de subministro da auga: O impago de dous trimestres consecutivos ou non consecutivos dará lugar o corte do subministro de auga, sempre previa audiencia do interesado, por prazo de 15 días hábiles. Poderá recuperarse o servizo unha vez se abonen os importes pendentes de pago.

Modificación da ordenanza reguladora do IBI

O Concello do Incio vén de aprobar a modificación da ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles. En base a criterios de eficiencia e economía na xestión recadatoria do tributo, establecense as seguintes exencións: 1.- Os inmobles urbanos cuxa cuota líquida sexa inferior a dous euros 2.- Os inmobles rústicos sitos neste municipio e correspondentes a un mesmo suxeito pasivo cando as cuotas agrupadas deste imposto sexan inferiores a dous euros.