O Concello do Incio ofrece asesoramento para solicitar as axudas de renovación de lousados e fachadas. O DOG vén de publicar tres convocatorias para a renovación de tellados, lousados e paredes exteriores de vivendas ou edificios. A subvención pode chegar ata o 30%. O prazo remata o 13 de xuño ou incluso antes se se esgotan os fondos destinados. Tódalas persoas que teñan dúbidas ou precisen axuda coas solicitudes poden dirixirse ás oficinas do Concello do Incio. Toda a documentación pode presentarse ademáis dende o Portelo Único do Concello.