Axudas para pagar a factura eléctrica

Aberto o prazo ata o 30 de abril da axuda para pagar a factura eléctrica correspondente ao segundo semestre de 2014. Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autonóma de Galicia que teñan ao seu cargo fillos menores de 18 anos e un gasto derivado da subministración eléctrica na súa vivenda habitual. Os ingresos totais da unidade de convivencia non deben superar 1,5 veces o IPREM. Para tramitar estas axudas podes poñerte en contacto coa área de servizos sociais do Concello do Incio.