Os vecinos de Vilademouros celebraron por todo o alto a inauguración do local social da parroquia. Á estrea asistiu a Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez e a Alcaldesa do Incio, Laura Celeiro e membros da Corporación Municipal.
No acto levouse a cabo a firma do Convenio por 20.000€ que a Deputación de Lugo aportou para o acondicionamento interior deste local.