O Concello do Incio e a Axencia Turismo de Galicia asinaron en 2025 un Convenio de colaboración para a promoción do turismo a través do Programa “Verán no Incio 2025”

Coa sinatura deste Convenio de colaboración, Turismo de Galicia contribuíu cun importe total de 30.000,00 € na posta en valor da marca Galicia, a través do apoio á divulgación turística e cultural do Concello, impulsando o desenvolvemento cultural, económico e turístico do Incio mediante o programa “Verán no Incio 2025” que se constitúe en 4 eixos principais: deporte e natureza, cultura da terra, cultura e natureza e seráns no Incio.

Deste xeito, colaborouse na organización durante o mes de xuño en Vilasouto da Regata de Liga Galega Infantil K1/C1 3000 m, durante o mes de Agosto na organización do Festival Terra Brava con gastos de montaxe e actuacións musicais e no Festival Tremeterra sufragando diversos gastos de montaxe e loxísticos. Ademais, o Concello programou diversas actividades culturais e de ocio na Cruz do Incio nos meses de Xullo e Agosto, tales como o Circo do Lume, Uxía Lambona, contacontos, festa infantil da escuma ou a actuación de “Louband” o día 22 de agosto durante a Feira de Artesanía, entre outras.