O Concello do Incio foi beneficiario dunha axuda para o proxecto “Planta de Xeración Fotovoltaica no Bombeo de O Incio” concedida polo Instituto Enerxético de Galicia para a realización de proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.
Esta subvención encádrase dentro da Resolución do INEGA do 7 de marzo de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a realización de proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2024, cofinanciadas polo FEDER no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027 (DOG n.º 56 do 19/03/2024).
A axuda, que alcanza os 14.887,07 € (un 60% do orzamento), sitúase dentro da seguinte clasificación:
Obxectivo Político 2 (Unha Europa máis verde, baixa en carbono, en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable), Prioridade de Investimento P2A (Transición verde), Obxectivo Específico RSO2.2 (Fomento das enerxías renovables de conformidade coa Directiva (UE) 2018/2021, en particular os criterios de sustentabilidade que se detallan nela), Liña de Actuación 2.2.01 (Incentivos as enerxías renovables térmicas e eléctricas), Operación “Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para el año 2024”, ámbito de intervención: 048- enerxía renovable solar)
Os obxectivos desta actuación consistiron en substituír unha parte da enerxía eléctrica consumida da rede no bombeo de O Incio por enerxía de orixe renovable, obtendo como resultados unha minoración das emisións de carbono á vez que o custo da factura eléctrica se reduce.