O Concello do Incio realiza obras cofinanciadas pola UE para a mellora da eficiencia enerxética na Casa Consistorial

subvencion eficiencia enerxéticaO Concello do Incio levou a cabo durante o 2025 a realización de obras de mellora da eficiencia enerxética na Casa Consistorial, unha actuación cofinanciada pola Unión Europea.

Para as obras de mellora da eficiencia enerxética, que tiveron lugar no primeiro semestre de 2025, obtívose unha subvención por importe de 87.069,89 € con cargo á “Orden de 16 de enero de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras y se convocan subvenciones, de carácter plurianual y en régimen de concurrencia competitiva, para la realización de obras de eficiencia energética en edificios e infraestructuras vinculados a la prestación de servicios municipales, destinadas a ayuntamientos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas por la Unión Europea en el marco del programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedimiento PR486D)”.

Estas actuacións, adxudicadas á empresa Instalaciones del Valle S.L., consistiron en dúas grandes actuacións:

– A reforma da envolvente térmica mediante a execución dun trasdosado interior coa introdución dun illamento de la de roca e un revestimento composto por placas de xeso laminado, conseguindo evitar na maior medida posible as pérdidas de calor a través dos cerramentos das plantas baixa, primeira, segunda e baixo cuberta.

– Substitución da climatización existente con caldeira de gasóleo por unha moito máis eficiente en todo o seu conxunto, coa colocación de unha bomba de calor aire-aire (aerotermia).

Con esta actuación, contribúese a reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro, afrontando os efectos do cambio climático, mellorando á súa vez a confortabilidade e climatización deste edificio municipal.