As actuacións consistiron en diversos servizos de coidados profesionais en dependencias públicas que facilitaron a conciliación familiar e laboral de unhas 30 familias e uns 50 nenos e nenas con atención antes e despois da xornada lectiva, así como durante as matinais do Nadal e dos meses de verán.
Deste xeito, estivo en funcionamento durante os meses lectivos o servizo de madrugadores durante dúas horas diarias antes da xornada escolar, coidados despois da xornada lectiva con especialización en diferentes materias (inglés, patinaxe…), un campamento nas semanas de Nadal e un campamento de verán durante as mañás dos meses de xullo e agosto.
O Programa de conciliación do Concello do Incio terá continuidade no vindeiro curso escolar 2025-26.