O Concello do Incio levará a cabo actuacións de promoción turística durante o 2021 e dará axudas ao sector hostaleiro afectado pola pandemia con cargo ao Plan Úncio da Deputación de Lugo

O Concello do Incio dispón dunha partida de 6.000 € para promoción turística e de 10.000 € para gastos correntes derivados da COVID-19, procedentes do Plan Único 2021 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

As actuacións que se levarán a cabo para promoción turística consisten en gasto de promoción do Rally Terras do Incio, que un ano máis dá a coñecer ó Incio polas diferentes localidades que percorre, gastos de promoción audiovisual, e a edición e impresión de calendarios personalizados con imaxes do Concello do Incio para o reparto entre veciños e visitantes.

Por outra banda, o Concello, destinará á adquisición de material de protección fronte a COVID-19 un importe de 5.000€ e para axudas directas a hostalaría do municipio, duramente afectado pola crise xerada pola pandemia, outros 5.000 €.

Deputación Provincial de Lugo