O Concello do Incio executa os traballos de mellora na pavimentación de acceso a Santalla de Bardaos

Luns, 31 de maio de 2021.- O Concello do Incio está a levar a cabo a execución dos traballos de mellora na pavimentación de acceso a Santalla de Bardaos, que precisaban ser reparados debido ao seu desgaste.

As obras consisten na extensión e compactación de mestura asfáltica en quente nun tramo de 465 metros, antes en rego asfáltico deteriorado, e na limpeza de cunetas.

santalla (5)

Esta actuación enmarcase dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais 2020-21 do Concello do Incio. cofinanciado polos fondos Feader da Unión Europea.

En concreto, refírese ao mantemento e mellora de camiños en Santalla, que alcanza un investimento total de 19.000 euros. O proxecto inclúe tamén o mantemento e mellora de camiños en As Cortiñas e Romariz e alcanza un investimento total de 56.902,67 dos cales 47.027,00 euros son achegados polo AGADER co financiamento do Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural da Unión Europea (Feader) e a parte restante, polo Concello.

logo-feader-galicia

As obras foron adxudicadas a Ovisa Pavimentos y Obras SLU e está previsto o seu remate nos vindeiros días.

Ademais destas obras, o Concello ten previsto acometer outras similares en diferentes puntos do municipio de mellora da rede viaria municipal das que irá dando conta.

Obras pavimentación Santalla