Venres, 14 de febreiro de 2020.- O Concello do Incio mantén aberto o prazo de inscrición para anotarse no I Campionato de Futbolín Concello do Incio que se vai celebrar mañá no pavillón da localidade a partir das 12:00 horas. Polo de agora a organización ten confirmada a participación de máis de medio cento de parellas procedentes de diferentes puntos de Galicia, de Asturias e Castela e León.
O torneo de futbolín achegará á localidade a xogadores amadores e de gran nivel. Van participar deportistas de primeira e segunda categoría e tamén locais. Tamén haberá categoría de elite.
As categorías serán primeira, segunda, terceira e locais e haberá premios en metálico, trofeos, medallas e cestas de produtos.
As dúas parellas gañadoras do torneo celebrado o pasado 29 de decembro no Incio conseguiron como premio a inscrición gratuíta no I Campionato de Futbolín Concello do Incio.
A inscrición para o campionato segue está aberta ata mañá, chamando ao Concello ou ao número 637176984.
Para levar a cabo esta actividade o Concello do Incio conta coa colaboración de Lucus Recreativos.