Luns, 10 de febreiro de 2020.- O Concello do Incio organiza para o sábado 22 un desfile de carrozas para celebrar o Entroido.
A saída será desde a residencia ás 18:00 horas e o percorrido rematará diante da Casa do Concello.
Ás 19:00 horas haberá chocolatada e doces de Entroido na Praza do Concello. A celebración estará amenizada por un trío musical.
O Concello do Incio terá agasallos para as carrozas participantes, que deben anotarse antes do día 22 chamando ao número 982 42 70 14.
Cea-Baile
Ás 22:00 horas haberá unha cea-baile no Mercado Gandeiro do Incio organizada polos veciños e veciñas á que animan a asistir disfrazado. O menú está composto por sopa de cocido, cocido, sobremesa e café e terá un prezo de 15 euros para os adultos e será gratuíto para os nenos e nenas ata os 8 anos. Tamén haberá música en directo con DJ Francis. As entradas poden adquirirse nos bares do Incio e na Ferretería O Garabato.