O Concello do Incio organiza un torneo de futbolín e unha máster class o 29 de decembro

O Concello do Incio organiza un torneo de futbolín e unha máster class o 29 de decembro. A actividade forma parte da programación de Nadal que está a configurar o Goberno local e da que se deu a coñecer un concurso infantil de debuxo.

O torneo de futbolín será clasificatorio para o I Open de Futbolín Concello do Incio, que se levará a cabo nos primeiros meses do ano 2020 e que traerá á localidade a xogadores amadores e de gran nivel de toda España.

Xogadores afeccionados

O torneo do día 29 está pensando para xogadores afeccionados. Poderán anotarse ese mesmo día a partir das 16:00 horas no Pavillón do Concello do Incio. Os gañadores conseguirán como premio a inscrición gratuíta no I Open de Futbolín Concello do Incio.

No torneo clasificatorio van participar deportistas de primeira e segunda categoría e tamén locais. No I Open de Futbolín tamén haberá categoría de élite.

Ademais do torneo, o día 29 haberá unha máster class a cargo de Jonatan López, campión Máster Rábade 2017 e Jesús Redondo, Campión de España 2008 e Campión Máster Santander 2010.

A inscrición para o torneo clasificatorio xa está aberta, chamando ao Concello ou ao número 637176984.

Para levar a cabo esta actividade o Concello do Incio conta coa colaboración da Deputación de Lugo a través do Plan Único e de Lucus Recreativos.Torneo de Futbolín